Thursday 09 de May de 2024

Novembro cultural no Concello de Ribeira


A concelleira de Cultura, Antía Alberte e o concelleiro de Festexos, Francisco-Suárez-Puerta, presentaron hoxe toda a actividade cultural programada para este mes de novembro, acompañados de Puri Cores, da Asociación Amas de Casa e Alexandre Fontán, director da Coral Polifónica de Ribeira.

“Para comezar, este venres 17 ás 21 horas inaugúrase unha nova exposición fotográfica noC.C Lustres Rivas, de Manuel Rodriguez Pena. O mesmo venres preséntase ademais o libro Exeria, de Marisa Vidal no Conservatorio de Aguiño, a cargo da Asociación Francisco Lorenzo Mariño.” explicou a concelleira de cultura.

O sábado 18 ás 20 horas, con motivo de Santa Icía, patroa dos músicos, o Auditorio Municipalde Ribeira acolle un concerto no que actuará a Coral Polifónica Municipal, baixo a dirección de Alexandre Fontán; e as cantareiras das Amas de Casa de Ribeira.

O martes 21 terá lugar o concerto do cuarteto Haydn en Guláns, promovido pola Deputación da Coruña, a través do Programa 4×3. O 26 de novembro ás 17:00 terá lugar no Centro Recreativo de Artes o acto de entrega dos premios Certame de Poesía da Asociación Albariza de Artes. Por último, o mércores 29 o C.C Lustres Rivas acollerá a proxección do documental Lavadoiro de Ana Amado e Lois Patiño ás 19:00 horas.

O concelleiro Francisco Suárez-Puerta, pola súa parte, reafirmou o seu compromiso de seguir a traballar para impulsar o tecido cultural no Concello e ampliar a oferta gratuíta de actividades e programacións.